lunes, 2 de noviembre de 2009

Videos de Youtube en Wave

Agora que xa teño solucionado o problema de os navegadores, según parece a pesar do aviso de que podo acceder por a miña conta e risco a pesar de non estar soportado o navegador que utilizo xa podo facer un tutorial sobre Google Wave en condicions. Pra empezar este tutorial esta basado en un que teño en unha wave donde hai publicados varios vídeos de Youtube.
Descoñecia a maneira de incluir en unha wave un video de Youtube embebido (incrustado) e non tan so o a ligazon o video.
Gracias a Wave Hispano me chegou a resposta, e coma agasallo publiquei un tutorial con imaxes de como se fai. En un principio o pensar que non poderia acceder por o problema co navegador case que desisto, xa que na wave se atopaban as imaxes que tiña pensado utilizar eiqui, pra descargalas, o polo menos poder facer unhas capturas de pantalla. Sobre como subir imaxes tamen falaremos. Teño subido a Wave imaxes, documentos de texto e incluso un arquivo mp3.
Agora xa vo lo podo amosar a todo o mundo mundial por fin sin necesidade de que teñades acceso a Wave.

Hai duas maneiras de facelo. unha de elas a través do buscador. Cando editas unha wave o escribes unha nova mensaxe, enriba aparece a barra de ferramentas que conten diferentes iconos un de eles ten unha "G" con un simbolo "+". Se fas clic sobre ela aprecera un buscador con varias opcions unha de elas di vídeo.
Buscas o teu video e aparecera unha lista cos resultados.


En este punto o lado dereito veras unha ligazon que di: Add this to wave. Como podedes ver na imaxen seguinte. O video aparecera incrustado na vosa mensaxe. A outra forma e copiar e pegar a ligazon do video na mensaxe da wave e aparecera a sua dereita unha bombilla, se fas clic sobre ela aprecera un letreiro que di: Embed Video. De calquera das duas maneiras tedes opcion de incrustar videos nas vosas waves.



@s que teñades conta de Google Wave o podedes ver na sua wave orixinal e participar:
Videos de Youtube en Wave

A coña dos navegadores e Wave

Esta entrada un pouco e de queixa. O tema de que Google Wave estea en proceso de previsulización, xustifcia de algunha maneira que o acceso a ferramenta sexa limita. Ni tan siquiera chega a estar en fase Beta, co cal non ten moito sentido presentalo de maneira universal e que de momento so uns cantos podamos catalo. Iso si con todos os fallos (bugs) que ten en un estado tan inacabado.
Pero voto en falta que so se poda compartir con determinada xente, moita da cal non coñezo de nada. Gostariame poder compartir as miñas waves polo menos cos meus contactos de Gmail e considero que deberia haber sido así dende un principio.
Non queda máis remedio enviarlles unha invitación e que esperen a que Google teña a amabilidade de darlles acceso. A integración de Wave con Gmail e unha das principais cousas que eu penso que deberian arranxar, eunha das suas principais carencias.
Por otro lado non sei hasta que punto o tema das invitacións, que por certo xa hai espabilados que as venden en eBay, e a causa de que a aplicación esta moi incompleta de momento o máis ben se trata de unha xogada de marketing pra crear expectación. Seguro que hai algo das duas cousas.
A miña queix ven porque o utro dia intentando acceder desde un ordenador que usa software libre decateime que non todos os navegadores non son compatibles e atopeime co seguinte cadro:

E vos fala un que xa fai tempo que recibiu a sua invitación e leva algún tempo remexendo nas tripas de wave. Pero non esta dispoñible pra todos os navegadores como si xa no tivera suficientes limitacion de por si. Agora mesmo querria escribir algo sobre algunhas funcions que xa comenzo a dominar e facer capturas de pantaia, máis non podo xa que o ordenador no que me atopo usa un sistema Debian e non ten instalado ningún dos navegadores soportados. Poderia instalar o Mozilla que te versión pra Linux, non me quedara máis remedio que facelo pra poder traballar con este ordenador.
Pero isto me lembra que un dos navegadores soportados o Google Chrome non ten de momento versión pra Linux. Levan tempo prometendo iso pero de momento non hai señais de vida, e non parece que vaia ser cedo.
Google ten algo abandoados sempre @s usuari@s de fala latina, e en xeral a sua documentación, blog e grupos de axuda, etc esta en ingles. Outr@s que estamos abandoad@s somos @s usuari@s de software libre a pesar de alguns guiños que fan como de estar en favor do código aberto.
Un detalle curioso e que por exemplo consigo acceder ca version do navegador Epiphany baixo Ubuntu máis a versión pra Debian dice que non está soportada?¿
Pois bueno posiblemente todos teñades Firefox nos vosos PCs e non atoparedes problemas de acceso a Wave si xa tedes acceso previa invitación. Se no e o voso caso e usades sistema operativo Debian e navegadores que non sexan os soportados atoparedes unha nova barreira en Wave.

P.D. Debo de correxir que si que podes usar otro navegador dos non recomendados/soportados pero como baixo a tua responsabilidade. Na imaxen poderedes ver un enlace que di: if you want continue to your own peril go ahead. Bueno, algo e algo, e por a miña conta e risco acabo de acceder o que non vexo e a diferencia entre usar un navegador que outro xa o descubrirei e logo xa vos digo se hai diferencia.....
 
COPYLEFT2009 Mistertrufa